Skip to main content
Xermade

Reportaxe: Xermola, a rehabilitación da acea de Cabreiros

Por 16 Maio, 2021Maio 17th, 2021Sin comentarios

Esta contorna fluvial atópase preto do campo de fútbol e da estrada que une As Pontes con Xermade por iso foi lugar de moitas actividades e visitas, ademais de estar vinculada directamente co roteiro do río Trimaz.

Xermade Mola ou Xermola é un proxecto que busca recuperar á Área Fluvial da Acea, en Cabreiros, como un espazo público de calidade para o desfrute da veciñanza.

Nos últimos anos o despoboamento do rural veu acompañado de dinámicas nas que nalgúns casos se entendeu que a cidadanía do rural non precisaba de acceso a servizos, á cultura ou de parques e zonas verdes habilitadas. Froito diso no Concello de Xermade por exemplo, existen moitas áreas de grande potencial que non teñen o uso que podería darse nelas.

Unha estratexia a longo prazo, que incentive políticas de renovación non só da infraestrutura existente, senón que poña en valor as áreas naturais, podería ser o punto de partida para unha mellora da autoestima veciñal, para o desfrute do territorio ou para poder facer uso con dignidade dos equipamentos que hai na contorna.

Así, con este pretexto naceu o proxecto Xermola, da man de catro novos arquitectos e a participación veciñal para a transformación social do municipio do rural galego.

Esta contorna fluvial atópase preto do campo de fútbol e da estrada que une As Pontes con Xermade por iso foi lugar de moitas actividades e visitas. E está vinculada directamente co roteiro do río Trimaz posto que a o punto inicial é ese.

No pasado, a Acea de Cabreiros serviu de “piscina” para que moitos veciños aprenderán a nadar e tamén era moi frecuentada durante a tempada de verán. Foi una zona que marcou gratamente a vida dos xermadeses e veciños chairegos.

Tamén foi lugar de celebración das xornadas tradicionais que ano a ano se ían realizando dentro da programación Xornadas Interxeracionais Rurais.

O proxecto de recuperación da área queren presentalo as diferentes administración galegas para que lles axuden na mellora de esta contorna natural. Ademais, presentaron o proxecto a un concurso internacional N’ODStudent, que premia as iniciativas que axuden a mellorar a vida das persoas coa mellora da contorna, malia esta iniciativa non saiu adiante xa que había 70 propostas dos cinco continentes e todas elas dun valor natural inmenso.

Pero quizáis o máis bonito deste proxecto son os recorodos, e por este motivo, os seus rehabilitadores crearon una páxina web en Facebook na que convidaban e convidan a todo o mundo a compartir as súas lembrazas con fotos de merendas, domingos e familias desfrutando do espazo. E a verdade é que xa levan unas cantas fotos… o que da a entender que esta acea é e será moi querida polos seus vecinos e ten un potencial enorme que non se pode despercidiar.