Skip to main content
Xermade

Funcionarios de pequenos concellos quedan sen vacinar por un problema burocrático

Por 21 Maio, 2021Sin comentarios

Un grupo de funcionarios de máis de 60 anos de Galicia manifestaron sentirse “marxinados” polo Sergas ao non ter recibida a vacinación contra o coronavirus nin estar previsto que a reciban.

Trátase en particular daqueles funcionarios que cando entrou en vigor a Ley de 1984, na que tiveron que escoller con que cobertura médica quedaban, optaron por unha mutua sanitaria privada xa que a partir dese momento o resto quedaban baixo a cobertura da Seguridade Social. Así o explica un dos funcionarios do Concello de Xermade de 62 anos con 40 de cotizacións ao seu lombo.

Malia seguir cotizando relixiosamente á entidade pública, estes traballadores, a maior parte deles maiores de 60 anos, atopáronse agora con que non están nas listaxes de Sanidade para a vacinación. De feito, o seu rango de idade xa tiña que estar vacinado ou polo menos convocados.

Nun primeiro momento estas persoas recibiron a notificación de que sería Adeslas a que xestionaría a súa vacinación para que Sanidade os incluíse na listaxe. A mútua asegurou posteriormente que a Xunta lles obriga a facer eles a vacinación aínda que non teñen acceso ás doses.

Situados nun limbo legal, estes funcionarios, que se puxeron en contacto coa Xunta de Galicia, recibiron a notificación de que poderían optar á vacinación a través do sistema que utilizan os desprazados.

“45 minutos de espera ao teléfono para seren tratados como desprazados, cando levamos toda a vida cotizando como o resto de persoas”, explica o funcionario de Xermade.