Skip to main content
Uncategorized @gl

Un novo falecido por covid nunha xornada de descenso de contaxios

Por 7 Maio, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo recibe as novas medidas de relaxación das restricións cunha nova redución de casos malia sumar un falecido. Así, este venres hai 223 casos activos, tres menos que onte, cando na xornada anterior a baixada foi de 7.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 8 casos novos (onte tamén foron 8). Ademais, as altas chegaron ás 11.087, 12 en 24 horas, o día anterior foron 15.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.529 casos rexistrados e 214 persoas falecidas, un home de 78 anos que estaba no Hula. A provincia levaba 14 días sen defuncións por mor da covid.

Respecto á presión hospitalaria, segue mellorando. Na UCI queda 1 persoa ingresada (1 menos) e en planta seguen 5. 4 están no Hula (1 menos) e 1 Monforte. Burela segue sen ingresados.

O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, continuará nas mesmas condicións ata o próximo luns:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A situación segue mellorando a nivel xeral baixando cifras e sumando concellos limpos de covid.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Ribadeo e Alfoz, este último volve ter casos despois dunha semana limpo.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove e Barreiros.
  • Sen casos novos na última semana está Mondoñedo, Cervo, Trabada, Burela, Foz e Lourenzá.

Terra Chá

  • A Pastoriza, en alerta alta, mellora a súa incidencia.
  • Meira, que segue en alerta media, continúa reducindo a incidencia.
  • Friol, Vilalba, Pol, Castro de Rei, Guitiriz e Xermade teñen casos pero con incidencia leve.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade e a veciña As Pontes.
  • Cospeito está sen casos na última semana. Súmase Outeiro de Rei.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixa a 93 (7 menos).
  • Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Palas teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, O Corgo, As Nogais, Baralla e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara e Sarria teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Paradela e O Páramo levan xa unha semana sen novos contaxios.
  • Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte, Carballedo e Pantón teñen casos pero con incidencia leve.
  • En Chantada volve sumar casos. Xa son 25 (2 máis) e seguirá en alerta media.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra de Brollón e Quiroga.