Skip to main content
Uncategorized @gl

Novo descenso de casos e aumento das altas

Por 19 Maio, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A provincia, tralo pequeno repunte de onte, recupera a senda do control do virus. Así hai este mércores 169 casos activos, 10 menos que onte, cando na xornada anterior a subida foi de 4.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 11 casos novos (onte foron 6) e as altas chegaron ás 11.272, 25 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 3.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.660 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.

Nos hospitais, a UCI queda cun paciente, cando había dous a última semana, pero soben os ingresos en planta, que agora son 9 (2 máis), 5 están no Hula (2 máis), 2 en Burela e 2 en Monforte.

O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, segue deste modo:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. A Pastoriza e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Continúa baixando a incidencia e os concellos limpos de covid seguen aumentando, en especial no sur, onde comeza a remitir a situación en Chantada.

A Mariña

  • Incidencia leve en Burela, Foz e Mondoñedo. Únese de novo Viveiro.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove, Barreiros, Cervo, Trabada e Lourenzá. Únese Ribadeo.
  • Sen casos novos na última semana está Alfoz.

Terra Chá

  • Vilalba baixa a 11 casos e segue con incidencia baixa.
  • Xermade teñen casos, por debaixo de dez, e con incidencia leve. Pol tamén volve ter casos.
  • A Pastoriza (esta en alerta media) están sen casos en 7 días. Únese Guitiriz. Únese As Pontes.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol e Meira. Únese Cospeito.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben de novo. Son 64 (3 máis).
  • Monterroso ten casos pero con incidencia baixa.
  • Levan unha semana sen casos Palas e O Corgo.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes. Únese A Fonsagrada.

Comarca de Sarria

  • Láncara e Sarria teñen casos pero con baixa incidencia.
  • O Páramo leva sen positivos unha semana.
  • Triacastela, O Incio, Samos e Paradela seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Chantada baixa a 19 casos (6 menos) e mantén a alerta media.
  • Monforte, Pantón e Sober teñen casos pero con incidencia leve.
  • Folgoso e Taboada levan unha semana sen positivos. Únese Carballedo.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, A Pobra de Brollón e Quiroga.