Skip to main content
Uncategorized @gl

O virus segue conténdose na provincia

Por 20 Maio, 2021Sin comentarios

A covid segue controlándose na provincia cun único caso menos dun total de 168, cando na xornada anterior a baixada foi de 10.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 11 casos novos (onte foron tamén 11) e as altas chegaron ás 11.284, 12 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 25.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.671 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.

Nos hospitais, a UCI queda cun paciente pero baixan de novo os ingresos en planta, que agora son 8 (1 menos), 5 están no Hula, 1 en Burela (1 menos) e 2 en Monforte.

O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, segue deste modo:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. A Pastoriza e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Nova xornada de contención do virus con cifras xerais que melloran e á espera das conclusións do comité clínico.

A Mariña

  • Incidencia leve en Burela, Foz, Mondoñedo e Viveiro. Únese de novo Cervo.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove, Barreiros, Cervo, Trabada, Lourenzá e Ribadeo.
  • Sen casos novos na última semana está Alfoz.

Terra Chá

  • Vilalba sobe de novo a 12 casos e segue con incidencia baixa.
  • Pol, por debaixo de dez, ten casos pero con incidencia leve.
  • A Pastoriza (esta en alerta media), Guitiriz e As Pontes están sen casos en 7 días. Únese Xermade.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, Meira e Cospeito.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo volven baixar. Son 61 (3 menos).
  • Monterroso ten casos pero con incidencia baixa.
  • Leva unha semana sen casos O Corgo.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes e A Fonsagrada. Únese Palas.

Comarca de Sarria

  • Láncara e Sarria teñen casos pero con baixa incidencia.
  • O Páramo leva sen positivos unha semana.
  • Triacastela, O Incio, Samos e Paradela seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Chantada baixa a 18 casos (1 menos) e mantén a alerta media.
  • Monforte, Pantón e Sober teñen casos pero con incidencia leve.
  • Folgoso e Taboada levan unha semana sen positivos. Únese Carballedo.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, A Pobra de Brollón e Quiroga.