Skip to main content
Uncategorized @gl

Viveiro e Cervo súmanse a Chantada na alerta media, da que sae A Pastoriza

Por 21 Maio, 2021Maio 22nd, 2021Sin comentarios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia sobre o estado do coronavirus decretou o nivel de alerta media para os concellos de Viveiro de Cervo tras un gromo de 20 casos repartidos entre ambos os dous municipios.

Un total de 20 persoas foron diagnosticadas coa enfermidade nunha única xornada o que provocou este cambio de réxime cando ambos os dous estiveron máis dunha semana sen casos.

Cervo e Viveiro únense a Chantada, que continuará unha semana máis en alerta media xa que aínda non ten controlado o seu gromo.

Pola contra A Pastoriza deixa o estado de alerta cando xa contabiliza tamén máis dunha semana sen ter casos novos.

O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, estará a partir da medianoite do sábado do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Chantada, Viveiro e Cervo.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

OS DATOS DE HOXE

O gromo detectado en Viveiro e Cervo rompeu a tendencia á baixa e este venres a provincia conta con 24 casos máis, que son 192 en total, cando na xornada anterior a baixada foi de 1 contaxio.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 25 casos novos (onte foron 11) e as altas chegaron ás 11.290, 6 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 12.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.701 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.

Nos hospitais, na UCI queda cun paciente pero baixan de novo os ingresos en planta, que agora son 6 (2 menos), 3 están no Hula (2 menos), 2 en Burela (1 máis) e 1 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

Os gromos da Mariña cambian a tendencia e contaxian a varios concellos. No resto da provincia a situación é estable.

A Mariña

  • Viveiro e Cervo suman 15 e 5 casos respectivamente nun día e entran en alerta media.
  • Incidencia leve en Burela, Foz, Mondoñedo. Únense Xove e Ribadeo.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros, Trabada e Lourenzá. Únese Alfoz.

Terra Chá

  • Vilalba sobe de novo a 14 casos (2 máis) e segue con incidencia baixa.
  • Pol, por debaixo de dez, ten casos pero con incidencia leve. Únese Guitiriz.
  • A Pastoriza, Xermade e As Pontes están sen casos en 7 días.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, Meira e Cospeito.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo volven baixar. Son 69 (8 máis).
  • Leva unha semana sen casos O Corgo. Únese Monterroso.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Palas.

Comarca de Sarria

  • Láncara e Sarria teñen casos pero con baixa incidencia. Únese O Incio.
  • O Páramo leva sen positivos unha semana.
  • Triacastela, Samos e Paradela seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Chantada baixa a 14 casos (4 menos) e mantén a alerta media.
  • Monforte e Sober teñen casos pero con incidencia leve.
  • Folgoso, Taboada e Carballedo levan unha semana sen positivos. Únese Pantón.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, A Pobra de Brollón e Quiroga.