Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid volve ralentizar o seu crecemento, acotada na zona de Viveiro e Vilalba

Por 25 Maio, 2021Sin comentarios

Novo parón no crecemento dos casos activos de covid na provincia tras o aumento dos últimos días. Así, este martes hai 228 casos activos, 1 máis que onte, cando a xornada anterior a subida foi de 7. Tamén se freou a hospitalización.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 13 casos novos (onte foron 17 e anteonte 30 polo que xa se ve a tendencia á baixa. As altas chegaron ás 11.334, 12 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 11.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.781 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.

Nos hospitais, na UCI queda cun paciente pero estáncanse os ingresos en planta, que son 10, 4 están no Hula, 3 en Burela e 3 en Monforte.

O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, mantense do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Chantada, Viveiro e Cervo.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

O crecemento, que volve a cifras moi baixas, está centralizado en Viveiro, Cervo e Xove, onde se detectou o gromo e preocupa a situación de Vilalba, onde tamén houbo un pequeno gromo.

A Mariña

  • Os casos en Viveiro seguen subindo, ata 34, 2 máis que onte.
  • Elevada incidencia para Xove e Cervo polos casos vinculados co gromo de Viveiro.
  • Incidencia leve en Burela, Foz, Ribadeo e Lourenzá.
  • Mondoñedo leva unha semana sen casos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros, Trabada e Alfoz.

Terra Chá

  • Vilalba mantén 22 casos e con incidencia elevada.
  • Pol e Guitiriz, por debaixo de dez, ten casos pero con incidencia leve.
  • Xermade e As Pontes están sen casos en 7 días.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, Meira, Cospeito e A Pastoriza.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo retroceden de novo ata 66 (3 menos).
  • Leva unha semana sen Monterroso.
  • Navia de Suarna continúa cunha incidencia alta de casos, pero por debaixo de 10.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas e O Corgo.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten casos pero con baixa incidencia.
  • O Incio tamén ten casos por debaixo de dez pero con incidencia alta.
  • Láncara leva unha semana sen casos.
  • Triacastela, Samos, Paradela e O Páramo seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Chantada xa está por debaixo dos dez casos e mantén a alerta media.
  • Monforte mantén os 22 casos de onte.
  • Pantón ten casos pero con incidencia leve. Únese A Pobra de Brollón.
  • Carballedo e Sober levan unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Quiroga, Taboada e Folgoso.