Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid continúa a crecer, en especial en Viveiro e Vilalba

Por 30 Maio, 2021Maio 31st, 2021Sin comentarios

Tralo parón de onte, a covid volve aumentar na provincia. De feito, este domingo hai 10 casos máis dun total de 244. Na xornada anterior a subida foi de 1 só caso.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 17 casos novos (onte foron 12). As altas chegaron ás 11.395, 8 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 13.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.860 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense estable. Hai tres persoas na UCI e 9 nas diferentes plantas, 3 están no Hula, 3 en Burela e 3 en Monforte.

Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Cervo, Xove, Vilalba e Monforte.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Viveiro na Mariña e Vivalba na Terra Chá acaparan o aumento de contaxios na provincia en dous gromos aínda sen acotar.

A Mariña

  • Os casos en Viveiro seguen subindo, ata 46, 2 máis que onte.
  • Elevada incidencia para Xove polos casos vinculados co gromo de Viveiro, que chega a 10 casos.
  • Cervo, que está en alerta media, ten xa moi baixa a incidencia.
  • Incidencia tamén leve en Burela, Foz, Ribadeo, Mondoñedo e Alfoz. Únese o Valadouro.
  • Lourenzá está sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros e Trabada.

Terra Chá

  • Vilalba volve aumentar os positivos a 25 (4 máis).
  • Begonte, Cospeito e As Pontes están por debaixo de dez casos pero con incidencia leve. Únese Meira.
  • Pol non tivo casos na última semana. Únese Guitiriz.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol e Xermade.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan de novo a 66 (2 menos).
  • Navia de Suarna empeza a reducir a súa incidencia, que nunca superou os dez casos.
  • Con incidencia leve están Portomarín e Castroverde.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas, O Corgo e Monterroso.

Comarca de Sarria

  • Sarria leva unha semana sen casos. Únese O Incio.
  • Triacastela, Samos, Paradela, O Páramo e Láncara seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte segue en 22 positivos en 15 días.
  • A Pobra de Brollón, Chantada, Taboada e Quiroga teñen positivos pero con incidencia leve.
  • Pantón leva unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso e Carballedo. Únese Sober.