Skip to main content
Axenda Caducada

Mondoñedo acollerá o concerto EnClave Poético

Por 24 Xuño, 2021Xuño 25th, 2021Sin comentarios

Este venres 25 de xuño ás 23:00h na Praza da Catedral de Mondoñedo o dúo musical formado polo cantautor César Morán Fraga e a violinista Rebeca Maseda ofrecerá o concerto EnClave Poético.

O evento, de entrada libre ata completar o aforo, figura integrado no marco das actividades do I Encontro Álvaro Cunqueiro. O camino de quita e pon (1981-2021), o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela que se desenvolverá en Mondoñedo entre o propio venres 25 e o sábado 26 de xuño.

As persoas que asistan ao concerto, promovido pola Casa-Museo Álvaro Cunqueiro e mais o Concello de Mondoñedo, poderán gozar dun repertorio que incluirá temas do disco Haberá primavera, que musica poemas de Cunqueiro, e outros temas baseados en textos de escritores mindonienses e non só.

A organización ultima todos os preparativos para este concerto, que contará coas preceptivas medidas de seguridade, se realizará ao aire libre e gardará estritamente as recomendacións anticovid.