Skip to main content
Burela

Este mércores terá lugar unha audición na escola de música de Burela

Por 8 Xuño, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Este mércores, 9 de xuño, a Escola Municipal de Música de Burela, continuando coas actividades de aula, ofrecerá un concerto de alumnos nas especialidades de metal e percusión, “onde se interpretarán obras de diferentes estilos e apropiadas para os niveis do alumnado do centro”, segundo explica o director da escola, Xan Carballal.

A audición de vento, metal e percusión terá lugar ás 19 horas.