Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Os concellos da Mariña comezaron as tarefas de adecentamento das praias

Por 13 Xuño, 2021Xuño 14th, 2021Sin comentarios

Os concellos da comarca da Mariña comezaron as tarefas de adecentamento das praias de cara á tempada de verán con distintos traballos, sobre todo tralo comezo do bo tempo, que levaron xa os primeiros visitantes aos aerais.

De feito, puido verse traballando xa unha máquina oruga da Deputación de Lugo nos areais para limpar de restos de residuos e materiais que deixa a marea durante o inverno. Trátase de adecuar e de preparar os areais para que sexan atractivos e cómodos e desde logo que sirvan para atraer o turismo neste difícil  no coa sombra do coronavirus aínda pesente.

Así, xa están en marcha os procesos de contratación de persoal, como poden ser os  ocorristas, así como adecuando os mesmos con carteis informativos das normas sanitarias en vixencia actualmente en Galicia.

Moitos dos concellos aproveitaron xa a pasada Semana Santa para comezar cos traballos de preparación. Iniciáronse pequenas obras en todos os areais e tamén nos seus accesos á espera de que se recupere este ano o turismo de mar e praia, que estivo moi castigado o ano pasado polo toque de queda así polos peches perimetrais e as distintas restriccións impostas polos Goberno do Estado e da Xunta. Con todo listo, agora só queda a chegada dos habituais veraneantes, que todos os anos impulsan a economía.

O Concello de Cervo traballa estes días no acondicionamento dos distintos areais municipais de cara á inminente chegada da tempada estival. Como por exemplo no acondicionamento e o asfaltado dos accesos á Praia de Rueta, a instalación dunha pasarela de madeira na Praia do Torno, para facilitar o acceso daquelas persoas con mobilidade reducida ao tempo que se adecuou a caseta que custodia todo o material de salvamento para uso dos socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas neste areal, que volveu recibir a bandeira azul.

Nestes días tamén se está a reforzar o número de papeleiras nos accesos ás praias e se están a instalar diferentes paneis que recollen información sobre a calidade das augas dos areais –todas aptas para o baño- así como diferentes recomendacións a ter en conta no momento do baño, e ante a situación sanitaria que vivimos.

Pola súa banda, no Concello de Viveiro estanse a realizar os labores de acondicionamento dos accesos, a instalación do mobiliario necesario, así como a instalación das duchas.  Actualmente, estanse empezando a realizar estes traballos na praia de Area e está previsto que continúen posteriormente no resto de areais do municipio: Covas, Celeiro e Seiramar.