Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

A venda de Alcoa dá un novo paso atrás ao retirarse a Sepi do proceso

Por 17 Xuño, 2021Sin comentarios

O proceso de venda de Alcoa vén de atopar un novo atranco, segundo indicaron hoxe os membros do comité d empresa, trala reunión da mesa multisectorial para informar da marcha do proceso.

O representante do Goberno na reunión da mesa multilateral indicou que a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (Sepi) non intervirá finalmente na compra da fábrica de Aluminio, algo que os traballadores esixen para ter garantías sobre o proceso e que tamén pide Alcoa, que se nega a vender directamente aos grupos interesados.

Aínda que o secretario de Industria non asistiu á reunión por temas de axenda, un representante do Goberno e da Subdelegación comunicou esta decisión, o que foi contestado polo comité cunha petición de reunión urxente e inmediata coa ministra de Industria, Reyes Maroto, e co vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, para abordar a situación.

O comité reclama a intervención estatal para que non suceda en San Cibrao o mesmo que nas plantas da Coruña e Avilés. O presidente do comité, José Antonio Zan, indicou que hai acordos do Parlamento de Galicia e do Congreso dos Deputados para instar ao Goberno a unha intervención temporal para a súa posterior venda a un terceiro.

O comité chama a unha mobilización masiva este domingo en San Cibrao —ás doce na praza dos Campos— para “que o Goberno vexa que seguimos apoiados un ano despois”.