Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O comité de Alcoa suspende a marcha de mañá tras ser convocado a unha reunión coa ministra

Por 26 Xuño, 2021Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa cancelou a concentración e marcha convocada para este domingo en Lugo despois de que o Ministerio de Industria lles convocase a unha reunión coa Ministra para o vindeiro martes, 29 de xuño.

Esta suspensión está motivada, segundo explican nun breve comunicado, para “evitar así que se nos utilice como escusa á hora de tentar chegar a unha solución ao conflito”.

O órgano sindical da planta de San Cibrao convocara para este domingo unha “gran andaina” na capital lucense, con saída ás doce do mediodía desde diante do edificio administrativo da Xunta e finalización na Subdelegación do Goberno.

O órgano sindical pretendía continuar así coas súas mobilizacións para reclamar a venda da fábrica de Aluminio coa garantía do Goberno a través da Sepi.