Skip to main content
Deportes AMARIÑAXALourenzá

A atleta laurentina Lidia Balseiro foi campioa na III Milla Urbana Portas de Compostela

Por 15 Xuño, 2021Sin comentarios

A atleta laurentina Lidia Balseiro proclamouse campioa autonómica de 1000 en ruta alevín feminina na III Milla Urbana Portas de Compostela cun tempo de 3,26 nos 1000 metros. Na segunda posición Nihal Benjerada de Marín con 3,37 e en terceiro lugar Carmen Paz de Noia con 3,39.

Ademáis competiron en alevín tamén Leandro Lopes con 12º posto (3,48) e Pedro Moirón 15º con 3,55. E en cadete feminino Iria Rodígue con un 6º posto con 3,27 e Carmen García 16º con 3,47.

Esta carreira, celebrada en Santiago de Compostela o domingo 13 de xuño, subiu ao máis alto do podium de Galicia a Balseiro.