Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

Este domingo celebrarase a nova edición da Travesía da ría de Foz

Por 16 Xuño, 2021Xuño 18th, 2021Sin comentarios

Este domingo celebrarase a 59 edición da Travesía Ría de Foz que contará cunha alta participación de deportistas galegos e asturianos, amosando unha vez máis que o piragüismo, como outros deportes ao aire libre, pode practicarse incluso na situación actual con seguridade.

Nela participarán 400 embarcacións e máis de medio millar de padexeiros de toda Galicia e de Asturias, de feito os grandes favoritos pra o título k-2 sénior son Miguel Fernández e José Julián Beverra. En canto aos clubs lucenses participarán o Viveiro Urban Hotel con 12 padexeiros, o San Ciprián con 3, o Kayak de Foz con 6, o Altrúan de Viveiro con 6, o Fluvial de Lugo con 4 e o Cidade de Lugo con 24 padexeiros.

A Travesía vense celebrando ininterrupidamente dende o ano 1962, e celebrou este 25 de agosto a súa LVII edición. Trátase da segunda proba de piragüismo máis antiga de Galicia e a terceira máis antiga do Estado, tralo descenso do Sella e o descenso do Miño. Organizada nos ultimos anos po lo Clube Kayak de Foz cun esforzo e resultados a eloxiar, aporta coa súa actividade unha alternativa de deporte saudable e en contacto coa natureza para a xuventude da vila.

A proba acada pois, méritos abondos para ser declarada de interese turístico de Galicia xa que para este obxectivo valoranse positivamente as manifestacións de exaltación de tradicións, cultura, gastronomía, etnografía e os eventos deportivos, xa que son unha demostración da acollida, amabilidade e hospitalidade pola que Galicia é recoñecida no mundo.