Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

Cervo será o escenario do campionato galego e interautonómico de taiji quan

Por 15 Xuño, 2021Sin comentarios

O pavillón da Veiga acollerá este sábado 19 de xuño, a partir das 17:00 horas, o II Campionato Galego e Interautonómico de Taji Quan, nas modalidades individual e por parellas.

Na cita  competirán máis de 100 deportistas, de idades comprendidas entre os 20 e os 80  anos, que proveñen das catro provincias galegas –no caso da competición autonómica- e do País Vasco, Madrid, Castela e León, Cantabria e Asturias, para o interautonómico.

A competición, como xa se apuntou, será na modalidade individual e por parellas, e o método de arbitraxe será por eliminatorias por bandeiras, con repesca.