Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Alberto Riquer será o adestrador do Pescados Rubén

Por 30 Xuño, 2021Sin comentarios

Alberto Riquer Antón será o adestrador do Pescados Rubén Burela FS en Primeira RFEF Masculina para as dúas próximas tempadas. O técnico, toda unha lenda sobre as pistas e con experiencia internacional nos bancos, regresa ao fútbol sala español despois de disputar a final da Coppa Italia e a final four polo Scudetto da Serie A co Feldi Eboli. 

Con 44 internacionalidades, como campión do Mundo en 2000 y de Europa en 2001, e despois de gañalo todo (Liga, Copa de España, Supercopa, UEFA Futsal…) defendendo a elástica de grandes referentes como CLM Talavera, Caja Segovia, Dinamo de Moscova ou Azkar Lugo, Riquer iniciou a súa traxectoria como adestrador en 2014 na base de Movistar Inter para dar o salto internacional en 2015 co London Baku United de Reino Unido.

Tras un novo reto no club interista co filial, en 2018 asumiu as rendas do Bardral Urayasu xaponés antes de internarse no calcio a cinque en 2020. 

O técnico madrileño, que será presentado oficialmente nos vindeiros días, liderará o proxecto laranxa nun novo desafío por seguir pelexando entre os mellores, tras lograr o obxectivo da permanencia co catalán Sito Rivera á fronte.