Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

O Concello de Burela homenaxeou as guerreiras laranxas

Por 4 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Burela ofreceu un acto de homenaxe ao equipo ao Pescados Rubén Burela de fútbol sala feminino tras os últimos éxitos colleitados polo equipo. As xogadoras e o equipo técnico e directivo recibiron agasallos e firmaron no libro de ouro do Concello.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, manifestou que “no salón de plenos do Concello de Burela tivemos a recepción ao equipo feminino ao Burela Fútbol Sala Pescados Rubén. É un acto que xa tiña comprometido o alcalde cando viñeron ofrecer a súa Copa da Raíña ao Concello. E hoxe plasmamos esa promesa feita polo alcalde e firmaron no Libro de Ouro do Concello”.

O edil burelés sinalou que “foi un acto bonito e agradable, e a verdade é que lles fixo moita ilusión firmar no Libro de Ouro do Concello. Ademais lles entregamos un pequeno detalle de recordo dos últimos títulos conseguidos, a Copa da Raíña lograda en Madrid e a Copa Xunta gañada hai poucas datas”.

Fernández Rey dixo que “está ben recoñecer os éxitos deportivos, máis nestas rapazas que foron declaradas o mellor equipo do mundo fai uns meses. É un acto que penso que é moi merecido por parte delas. Desde o Concello queremos seguir destacando o apoio que queremos dar ao deporte, neste caso profesional, pero sobre todo ao deporte base porque estes logros tamén incentivan á xuventude a practicar este deporte tan bonito que é o fútbol sala e que tanto arraigo ten aquí en Burela”.