Skip to main content
Mar AMARIÑAXA

Nova edición da campaña dos produtores pesqueiros, Orixe & Destino Galicia

Por 29 Xuño, 2021Sin comentarios

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e Paradores presentarán unha nova edición da súa campaña Orixe & Destino Galicia. Trátase do terceiro ano consecutivo no que OPP Lugo, en colaboración coa  rede de Paradores de Turismo de España, lanza esta iniciativa que combina a gastronomía, a calidade do produto pesqueiro de Burela e a importancia da Orixen e o Destino Galicia, vinculado todo isto coas diferentes rutas do Camiño de Santiago, especialmente este ano ao coincidir co “Año Xacobeo”.

Este acto terá lugar no Parador de Santiago de  Compostela Hostal dos Reis Católicos ás 12:00h, e que contará coa  presencia da Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.

No acto, que terá lugar no Hostal dos Reis Católicos, intervirán Sergio López,  xerente de OPP Lugo; Santiago Carrera, director do Parador de Santiago de  Compostela; e a Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.

Ao finalizar a presentación terá lugar unha degustación gastronómica de  Pescada do Pincho de Burela e Bonito do Norte, que serán os protagonistas  desta nova campaña, na que colabora Armadores de Burela.