Skip to main content
Axenda Caducada

A novena edición do Festival Atlántica clausurarase en Alfoz

Por 23 Xuño, 2021Xullo 11th, 2021Sin comentarios

O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica vén de anunciar que clausurará o día 11 de xullo ás 20.30 horas o festival coa obra Heroes que dormen, heroes que resisten, de Manuel Gago, e a música de Mano Panforreteiro.

Ademais contarán coas actuacións de Raquel Queizás o día 4 de xullo ás 20:30 horas coa súa obra Onda min. Unha obra dirixida a público infantil e familiar; e de Quico Cadaval, Autoestradas e corredoiras, unha obra dirixida a público adulto.

As restricións impostas pola pandemia supuxeron unha oportunidade para reformular o festival, que adoita desenvolverse no mes de marzo, celebrarase este ano durante os once primeiros días de xullo en espazos ao aire libre. Por primeira vez, os contos do festival escoitaranse en lugares sobranceiros do patrimonio galego, moitos deles declarados Ben de Interese Cultural. Van ser escenarios de Atlántica, por exemplo, o Castelo da Frouseira, en Foz; as Torres de Altamira, en Brión, intimamente vinculadas á antiga nobreza galega; ou o curro de Sabucedo, onde se celebra cada xullo a espectacular rapa das bestas, entre outros.

Para reservar hai que entrar en festivalatlantica.gal.