Skip to main content
Barreiros

Barreiros acollerá un campus da Fundación Celta

Por 18 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Barreiros acollerá o Campus de Verán da Fundación Celta que terá lugar do 2 ao 4 de agosto no campo do Cascabeiro, e do 5 ao 6 de agosto no campo das Valgas.

O campus desenvolveranse desde as 9:45 ata as 13:45. Entre as 9:30 e as 9:45 levarán a cabo os protocolos de entrada e entre as 13:45 e as 14:00 levarán a cabo os protocolos de saída.

A actividade está destinada a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e inclúe equipamento Adidas. As inscricións están abertas desde o 6 de maio e as prazas son limitadas. Para inscripcións e máis información www.rccelta.es