Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

O Pescados Rubén Burela feminino campión de Liga por cuarta vez

Por 13 Xuño, 2021Sin comentarios

O conxunto lucense revalidou o seu título de Liga tras gañar ao Futsi Atlético Navalcarnero cos goles de Dany, Ale de Paz (3), e Cami.

O Futsi e as guerreiras laranxas medíronse na búsqueda do título de Liga no pavillón Jorge Garbajosa, no que na primeira parte do encontro as madrileñas adiantáronse no marcador.

Tras retomar o descanso non tardou en chegar o segundo gol do Futsi, para así facer unha gran remontada con 5 goles a favor das laranxas o que fixo que tras soar a bocina de final de partido puidense festexar a súa cuarta Liga.

Lara Balseira foi a encargada de recoller o trofeo e compartilo coas súas compañeiras xa sobre a pista do pavillón de Torrexón.