Skip to main content
Burela

Constituirase en Burela a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero

Por 20 Xuño, 2021Sin comentarios

Mañá constituirase a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero no Salón de Plenos da Casa do Concello de Burela.

A concelleira de Muller e Igualdade, Noelia María Ben, explica que “se trata dunha iniciativa que busca incrementar o grao e a calidade da coordinación interinstitucional por parte de todas as administracións públicas, e contribuír así a optimizar a accesibilidade das mulleres afectadas por situacións de violencia de xénero aos recursos e ás prestacións dos servizos de atención do noso ámbito municipal, buscando que sexa unha ferramenta operativa que consiga unha maior eficiencia de todas as actuacións”. 

E engadiu que “dita mesa estará integrada por profesionais de todos os ámbitos municipais e outros implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero”.