Skip to main content
Burela

Dous alumnos do IES Perdouro de Burela recoñecidos entre os mellores na ABAU

Por 23 Xuño, 2021Sin comentarios

Daniel e Jorge, futuros universitarios co diploma acreditativo do froito do seu esforzo nos estudos

Daniel Piqueras Valle e Jorge Quelle Gómez,  son os dous alumnos de 2º de Bacharelato do IES Perdouro de Burela que superaron a media dun nove nas probas de acceso á universidade deste ano.

O director do centro, Santiago Pérez Docobo, atribuíu este éxito ao esforzo e á constancia nos estudos do alumnado ao longo destes últimos dous anos particular por mor da COVID19, e do bo facer do profesorado do centro.

Unha vez máis desde o programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC organizan o acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia, é dicir aquel estudantado que acadou unha nota de acceso á Universidade de 9 ou máis.

Este acto terá lugar o xoves, día 24 de xuño, ás 17:00 horas no salón Nobre de Fonseca da USC a través da canle USC TV ou na canle de Youtube da USC.