Skip to main content
Burela

Nova edición da Ocioteca de Verán de Burela

Por 3 Xuño, 2021Sin comentarios

Do 1 de xullo ao 26 de agosto terá lugar unha nova edición da Ocioteca de Verán do Concello de Burela. Toñi Eijo, concelleira de Medio Ambiente, subliñou que ten como obxectivo axudas ás familias a conciliar a vida laboral e familiar durante a época estival. 

Eijo explicou que “a Delegación de Medio Ambiente oferta un ano máis as actividades de verán, durante os meses de xullo e agosto, para as nenas e os nenos de infantil e de primaria co obxectivo de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar durante a época estival”.

A edil de Medio Ambiente dixo que “as actividades da Ocioteca de Verán 2021 levaranse a cabo no Ceip Virxe do Carme. Comezarán o 1 de xullo e rematarán o 26 de agosto en horario de 9 a 13:30 horas”. 

Toñi Eijo engadiu que “as bases e a folla de inscrición poden descargarse na sede electrónica do Concello de Burela, na páxina web do propio Concello ou recollerse na oficina de Gaia, sita na praza de abastos. O prazo de inscrición será do 8 ao 11 de xuño na oficina de Gaia”. 

No acto de presentación participaron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo.