Skip to main content
Cervo

Os cervenses sumáronse á campaña 1m2 contra a basuraleza

Por 14 Xuño, 2021Sin comentarios

Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, sumouse ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de conciencia cidadá 1m2 contra a basuraleza.

Este proxecto consistiu na limpeza da praia de Rueta e da contorna do río Xunco e subministrouse todo o material necesario para levar a cabo a actividade ademais de seguirse rigorosamente todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.

Neste 2021, celébrase o quinto aniversario do Proxecto Libera, que, a través da mobilización cidadá, regresa aos espazos naturais para retirar todos aqueles refugallos que nunca deberon chegar aí.