Skip to main content
Cervo

Soltáronse uns 50.000 exemplares de alevíns de troita no río Xunco, en Cervo

Por 15 Xuño, 2021Sin comentarios

Levouse a cabo unha solta duns 50.000 exemplares de alevíns de troita para contribuír á repoboación e conservación desta especie no río Xunco, no concello de Cervo.

Os axentes medioambientais que traballan na zona de Sargadelos foron quenes liberaron exemplares procedentes de criadeiros que xestiona a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Con esto preténdese favorecer a recuperación da troita no curso fluvial do Xunco trala mortalidade ocasionada por unha vertedura que se rexistrou o ano pasado. 

Na provincia de Lugo estanse a levar a cabo nesta época outras accións encamiñadas a recuperar as concas fluviais cuns 150.000 alevíns de troita común e 90.000 de salmón procedentes dos criadeiros específicos destas especies que a Xunta ten no Veral (Lugo) e Goó (O Incio), onde se obteñen as crías grazas á reprodución de exemplares autóctonos de troita e salmón que foron capturados nos propios ríos con anterioridade.

Tamén está previsto abastecer de troitas as cuncas dos ríos Navia, Miño, Neira, Ladra, Parga, Ferreira, Narla e Loio -onde se soltarán esta semana 10.000 exemplares ao seu paso por Paradela- . En canto ao salmón, programáronse soltas nas cuncas do Ouro, Masma, Eo e Landro.