Skip to main content
Cervo

Xa se coñecen as fotografías gañadoras do concurso XI Cervo Respecta

Por 5 Xuño, 2021Sin comentarios

Reflexos do Faro, obra do xovense Emilio Pérez, que sumou 50 puntos e quedou en segunda posición e tamén fíxose co premio Top Cervo, á mellor instantánea tomada nalgún punto do municipio.

A edil de Medio Ambiente de Cervo, Mali Méndez, deu a coñecer esta mañá, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, as fotografías gañadoras do XI concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta 2021.

O xurado profesional decidiu, con 51 puntos, que a fotografía Blessed de Juan Barreiro, e natural Dos Blancos (Ourense) acadase o primeiro premio.

En segunda posición quedou a instantánea Reflexos do Faro, obra do xovense Emilio Pérez, que sumou 50 puntos, e que tamén se fixo co premio Top Cervo, á mellor instantánea tomada nalgún punto do noso municipio.

O premio componse de figuras de cerámica de Sargadelos.

En total participaron no certame 41 fotos, realizadas por 22 participantes, procedentes de ata 14 concellos diferentes de Galicia, e ademais tamén houbo representación madrileña e asturiana.

Os participantes podían presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, tiñan que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio.

Méndez agradeceulle a todos os participantes “que quixesen compartir con todos nós a súa particular visión do medio a través da súa óptica”.

A edil explicou que decidimos seguir adiante co concurso a pesar da pandemia aínda que tivemos que mudar un pouco as condicións para poder facelo compatible coa situación sanitaria que vivimos desde fai máis dun ano.

De feito, a X edición deste certame tan arraigado no noso Concello, xa foi excepcional, convocámola un pouco máis tarde do habitual e o xurado agora delibera de xeito telemático.

O obxectivo que perseguimos é poñer en valor o noso patrimonio natural e promover a concienciación medioambiental, “e penso que se están dando pasos importantes nesta liña”, apuntou.

A entrega de premios, cuxa data aínda está por determinar, queda suxeita ás medidas sanitarias establecidas.

Blessed de Juan Barreiro, e natural Dos Blancos (Ourense) acadou o primeiro premio.