Skip to main content
Axenda Caducada

Volve a carreira de verán Run Foz Run

Por 21 Xuño, 2021Agosto 15th, 2021Sin comentarios

“Volve o Run Foz Run na súa décimo segunda edición,” así o anunciaron os organizadores da carreira focega de verán, que este ano celebrarase o 14 e 15 de agosto.

Sendo prudentes e responsables coa actual situación, e á vez enormemente ilusionados… abrimos as inscricións, este ano limitadas”, engadiron, “temos moitas ganas, ademais haberá novidade e sospresas para todos”.

Poderán participar na categoría andaina, que será o día 14 de agosto, todo o mundo, e despois haberá categorías para a carreira popular que será o día 15.

Haberá cadetes, infantís, alevíns, benxamíns, pícaros e absoluta e todos terán que recoller o seu dorsal o día anterior no Cenima de Foz e excepcionalmente previo aviso o día da proba.

Para máis información pódese consultar a páxina web do evento.