Skip to main content
Foz

Segue a execución da beirarrúa na estrada LU-151 de Fazouro-San Acisclo

Por 20 Xuño, 2021Sin comentarios

Estase a executar unha beirarrúa en 150 metros da marxe dereita da estrada LU-151 Fazouro-San Acisclo a cal o alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradece á Xunta de Galicia porque esta obra “é moi necesaria, hai moita poboación na zona e a estrada é estreita, con curvas e escasa visibilidade, o que constitúe un perigo para camiñar”. 

O rexedor municipal explica que “agora mesmo nesta estrada hai unha beirarrúa entre o punto inicial e o punto quilométrico 0+574, executada grazas a subvencións á asociación de veciños. Entre a beirarrúa actual e a que está en execución existe unha illa de 435 metros nos que non hai un paso axeitado para viandantes, por iso solicitamos á Xunta de Galicia que complete as beirarrúas en toda a lonxitude e que continúe na zona de vivendas cara a San Acisclo”.

Fran Cajoto engade que “queda pendente tamén, nesta caso na parroquia de Cangas, a terceira fase das beirarrúas na estrada Ferreira-Foz, que se solicitou en varias ocasións e tamén é competencia autonómica” e destaca que “a seguridade dos peóns e a mellora da accesibilidade é unha máxima deste goberno municipal”.