Skip to main content
Foz

Mañá haberá un punto de información de igualdade no mercadillo de Foz

Por 28 Xuño, 2021Sin comentarios

Foz móvese pola igualdade. Este é o lema da campaña informativa e de sensibilización organizada polo Concello de Foz e Mujeres en Igualdade Provincial de Lugo- BUMEI no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Xa se instalaron diversos carteis en edificios públicos, paneis informativos e establecementos do centro urbano de Foz, Nois, Cordido, Cangas, Fazouro, San Martiño, Vilaronte, Santa Cecilia e San Acisclo nos que se aposta polas relacións sas e a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

O vindeiro martes 29 de xuño instalaremos un punto de información no Mercadillo semanal de Foz (Praza do Conde Fontao) para informar, concienciar e sensibilizar á poboación sobre as distintas formas de violencia contra as mulleres. Alí distribuiranse distintos artigos e materiais de sensibilización da campaña, como pulseiras, chapeus ou mochilas, ademais de guías de sensibilización e folletos.

Tamén realizaremos unha enquisa anónima a pé de rúa ás persoas que acudan ao mercadillo para realizar un estudo posterior que permita coñecer o grao de coñecemento e implicación contra as violencias machistas.

O persoal da asociación informará na carpa, ademais, das distintas medidas contempladas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, asesorará, resolverá dúbidas e indicará como solicitar máis información.