Skip to main content
Foz

AciaFozCCA segue sumando locais asociados

Por 29 Xuño, 2021Sin comentarios

Dous novos establecementos veñen de unirse á lista de asociados de AciaFozCCA: Mercería Vera e Hillene Nails. Así, Laura Fanjul levaba un tempo dándolle voltas á idea de montar o seu propio negocio, algo que materializaba o pasado 18 de xuño. En Mercería Vera a clientela pode atopar “cremalleras, cintas de raso y de bies, hilos de coser y de bordar, botones, velcro, además de telas, artículos de bebé, ropa interior, pañuelos… una variada oferta de artículos”.

Mercería Vera é un dos  novos locais asociados a AciaFozCCa “recomendoumo unha amiga que abriu aquí tamén unha tenda hai pouco. Todo o que sexan vantaxes para nós, así como axudar e mover a economía da zona é positivo”. Mercería Vera está situada na rúa Álvaro Cunqueiro. 

Hai catro meses, o 8 de febreiro, abría as súas portas na vila focense Hillene Nails, que tamén acaba de facerse socia da AciaFozCCa. A súa propietaria Hillene Martins contou que “os servizos que ofrecemos son depilación facial e corporal, manicura, pedicura e construción de uñas”. E amósase satisfeita coa acollida da clientela: “eu levaba varios anos traballando en hostalería aquí en Foz, a xente coñéceme e iso axudoume un pouquiño. Estou bastante contenta”. 

Para Hillene Martins convertirse en socia de AciaFozCCA “é unha maneira de estar en comuñón co pobo, que a xente saiba que a túa es asociada e para dar a coñecer un pouco o negocio”. Na rúa Alexandre Bóveda está Hillene Nails.