Skip to main content
Foz

Foz anunciou as normas para as fogueiras de San Xoán e San Pedro

Por 4 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz anunciou varias normas para regular e controlar a celebración das fogueiras de San Xoán e San Pedro, o 23 e 28 de xuño respectivamente.

Os veciños interesados en celebrar en festexar o lume novo deberán solicitar o permiso no teléfono 982 133 159 de 9.30 a 13.00 horas antes do día 21 ás 13.00 horas.

O Concello focego prohíbe quemar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquer derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes. Non se pode aproveitar o lume para queimar restos domésticos como colchóns, mobles ou roupa.

As fogueiras non se poden realizar preto de liñas eléctricas, inmobles, zonas públicas, terreos de naturreza forestal, depósitos de material inflamable. Ademais de establecer un mínimo de 50 metros a masas forestais e 15 a calqueira edificación.

Os responsables do lume deberán retirar os restos unha vez remate a queima e a fogueira deberá estar vixiada ata a súa total extinción.