Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo leva a cabo un ano máis as visitas guiadas pola vila

Por 17 Xuño, 2021Sin comentarios

Mondoñedo vai levar a cabo un ano máis visitas guiadas gratuítas ao Conxunto Histórico da Cidade que se desenrolaranse os mércores e venres ás 12 horas nos meses de xullo e agosto.

O lugar de saída das mesmas será o exterior da oficina de turismo a onde haberá que dirixirse previamente para apuntarse. Estas percorrerán o centro da cidade e durarán arredor de 1 hora e 15 minutos.

A persoa encargada de levar a cabo estas visitas será Abel Vigo García, Arqueólogo do Concello de Mondoñedo.

Esta actividade de visitas guiadas desenrolarase coas medidas anti-Covid 19 marcadas por sanidade e, na mesma, o número de persoas que poderá asistir a cada unha delas estará en función destas normas.

A reserva de prazas poderá facerse ata o mesmo momento de saída das vistas e tamén se poderá facer previamente no número de teléfono da Oficina de Turismo 982 507 177.