Skip to main content
Mondoñedo

O BNG saca adiante a proposta de prolongar o terceiro carril de subida no alto da Xesta

Por 19 Xuño, 2021Sin comentarios

O BNG sacou adiante na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos a proposta de prolongar o terceiro carril de subida pola N-634 ata o enlace coa A-8 no alto da Xesta.

O deputado nacionalista no parlamento galego, Daniel Castro, defendeu a proposta e lembrou que o BNG leva desde o ano 2015 plantexando esta medida e aínda que a nivel municipal e provincial sempre se aceptou esta mellora por todos os grupos os gobernos populares e socialistas no congreso nunca se pronunciaron polo tema.

Segundo apunta o voceiro municipal mindoniense, Eloi Cabanas, esta medida fora proposta xa no concello no ano 2015 por entender que sería unha alternativa aos continuos peches da A-8 a raíz dos cales moitos transportistas decidiron desistir de empregar a autovía pola perigosidade do Fiouco e tamén polo menor consumo de combustible que supón o traxecto de 18 quilómetros pola N-634, que aínda que son dous máis ca o traxecto por autovía, o tempo é practicamente o mesmo e o aforro económico tamén é considerable.

A pesar de que a proposta de mellora da N-634 xunto coa emenda de prolongación do terceiro carril saíu adiante, o BNG pídelle ao PSOE que se poña mans á obra e non espere a ver que pasa co proceso de construción e experimentación dos prototipos antinéboa seleccionados para reducir o problema da néboa no alto do Fiouco.