Skip to main content
Mondoñedo

O Pallarego de Mondoñedo acolle un obradoiro musical

Por 24 Xuño, 2021Sin comentarios

A escola de música O Pallarego de Mondoñedo ofrece para o verán un obradoiro infantil no que poderán participar todos os nenos dende os 4 anos.

Está pensado para achegar aos pequenos ao mundo da música a través de actividades rítmicas, xogos, práctica instrumental, taller de construción de instrumentos, etc.

Celebrarase nas instalacións mindonieneses os días 5, 6, 7, 8 e 9 de xullo en horario de 11.00 a 13.00, aínda que se confirmará unha vez estén completas as inscricións.

Para anotarse ou pedir máis información haberá que chamar ao teléfono 677 838 812 antes do 2 de xullo.