Skip to main content
Mondoñedo

Veciños dos Muiños de Mondoñedo piden que se adecenten os canais

Por 1 Xuño, 2021Xuño 2nd, 2021Sin comentarios

A asociación de veciños do Barrio dos Muíños uniu forzas para solicitar a Augas de Galicia as autorizacións de cara ao arranxo dos canais no barrio.

“Precisamos permitir que a auga volva os canais para correxir o seu aspecto actual”, dixeron. O Concello enviou un proxecto que permitiría un arranxo definitivo.

A asociación recolle sinaturas para arroupar a petición do Concello e para demostrar a singularidade dun recurso vital como reclamo turístico e como símbolo identitario de Os muíños, a pequena Venecia.

Pola súa banda os socialistas de Mondoñedo tamén de comunicar que o rio Valiñadares ao seu paso polo barrio leva sen auga desde xaneiro.

Así, Esperanza González Martín, a voceira do PSOE mindoniense, dixo “o problema está arriba na presa desde que chovera tanto no inverno, pero non é fácil de solucionar din desde o Concello”.

Xa en febreiro do 2020 a voceira socialista presentará un rogo parecido na que demandaba ao Concello a que realizara as xestións oportunas para adecentar o río pois levaba moito tempo sen auga pola rotura doutra presa pola que transcorre o seu caudal, e que afecta directamente aos canais do río.