Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo acollerá un campus de verán da Fundación Celta

Por 12 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo acollerá o Campus de Verán da Fundación Celta que terá lugar entre os días 12 e 16 de xullo de 2021 no Campo Viñas da Veiga de Mondoñedo.

O campus desenvolveranse desde as 9:45 ata as 13:45. Entre as 9:30 e as 9:45 levarán a cabo os protocolos de entrada e entre as 13:45 e as 14:00 levarán a cabo os protocolos de saída.

A actividade está destinada a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e inclúe equipamento Adidas. As inscricións están abertas desde o 6 de maio. Anótate canto antes, xa que as prazas son limitadas.

Para inscripcións e máis información www.rccelta.es