Skip to main content
Ribadeo

Prohíbense as fogueiras de San Xoán e San Pedro en espazos públicos de Ribadeo

Por 11 Xuño, 2021Sin comentarios

As fogueiras de San Xoán e San Pedro estarán prohibidas en Ribadeo, un ano máis, en espazos públicos e só poderán celebrarse en lugares privados cumprindo unha serie de requisitos.

Os permisos xa se poden solicitar no Concello ata o 22 de xuño para as fogueiras de San Xoán e ata o 25 para as do San Pedro.

Cada fogueira ten que ter un o varios responsables que deben comunicar ao Concello a intención de facer a fogueira cubrindo un impreso e comprometéndose á adopción das diferentes medidas de seguridade precisas, como a distancia de seguridade, protección con máscara e a aplicación de medidas de hixiene.

Teranse que adecuar, en todo momento, ás normas sanitarias e ao mesmo tempo hai que dispoñer dunha pequena caixa de primeiros auxilios, especialmente equipada para queimaduras. Máis logo unha serie de instrucións que lles detallaremos no seu momento.

En caso de incrumprimento de todo isto que estamos indicando ou de queixas xustificadas dos propios veciños procederase polo servizo de extinción de incendios, a requirimento da Policía Municipal, a sufocar de inmediato a fogueira, que esperemos que non se dean ningún destes casos.