Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo conta cunha nova oficina de información ao peregrino

Por 22 Xuño, 2021Xuño 23rd, 2021Sin comentarios

Ribadeo conta cunha nova oficina de información ao peregrino, esta actuación forma parte dun dos obxectivos do obradoiro dual de emprego RibadeoXCamiño, que botou a andar en decembro. A instalación estará atendida polo alumnado do devandito obradoiro de luns a venres. De luns a mércores o horario será de 10:30 a 15:00 horas e os xoves e venres de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 horas.

Dous obxectivos deste obradorio foron o deseño, planificación e desenvolvemento da oficina de información ao peregrino e o por outro lado, o centro de interpretación do Santuario das Virtudes, ao mesmo tempo que se buscaba, ao ser un obradoiro dual, que se adquiriran coñecementos, formación e que se puxeran en práctica.

Así, a nova oficina reflicte perfectamente o obxectivo de potenciar e situar a Ribadeo como punto importantísimo do paso da ruta xacobea polo Concello xa que por un lado podese ver todo o itinerario da ruta xacobea, desde Roncesvalles ata Compostela, e por outro podese ver máis detalladamente cal é o paso do Camiño de Santiago polo casco urbano e tamén polo resto de parroquias en dirección a Compostela.