Skip to main content
Axenda Caducada

Ribadeo organiza diversas actividades polo Día do Orgullo LGTBI

Por 24 Xuño, 2021Xuño 28th, 2021Sin comentarios

A Concellaría de Igualdade organiza o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI, diversas actividades que terán lugar no parque de San Francisco destinadas a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos.

Haberá unha ximkana, un mural creativo, marionetas diversas, obradoiros de pulseiras creativas e flashmob. Para a xente moza e adulta está programada unha proxección no Teatro ás 20:00 horas. Ademais na Casa do Concello lucirá, desde hoxe, a bandeira LGTBI.

Se o tempo o permite será no parque de San Francisco dende as 11.00 horas ata a 13.30 horas, e as actividades van estar destinadas a nenos e rapaces entre 3 e 13 anos. Se o tempo non o permitise trasladarase a Escola Municipal de Música e Danza.

Estas actividades serán gratuítas, respectando os aforos e as medidas covid, como é pertinente, e haberá unha ximkana a través do parque, buscando pistas, para facer a palabra LGTBIQ+. Tamén contarán cun mural creativo co lema Todos sumamos, marionetas divertidas, onde cada persoa pode expresar con liberdade todo o que sinte, como se sinte e traballar conceptos sobre a diversidade, pero dunha maneira distendida. E faranse pulseiras creativas onde poñer en marcha a nosa imaxinación a través das cores da bandeira LGTBI.

As actividades rematarán cun flashmob, que á unha coreografía grupal onde o que se trata é que, a través dunha música, as persoas se vaian unindo en torno á loita pola diversidade para ir sumándonos con todos e todas bailando ao son da igualdade e da diversidade, cara ao respecto, e despois poderase gravar un vídeo que poderase colgar nas redes para gardar este momento moi especial. Todas estas actividades están deseñadas por unha compañía especializada, por monitores especializados que forman parte da compañía AmorOdio Teatro. Son totalmente de balde e simplemente por achegarse o luns 28 ao parque de San Francisco poderán desfrutar de todas e cada unha delas.

A xente máis moza e tamén máis adulta poderán desfrutar ao rematar cunha sesión de cine, ás 20.00 horas con entrada de balde no Teatro, onde se proxectará o film La (des)educación de Cameron Post. Calquera persoa que o desexe a partir dos 12 anos poderá asistir.