Skip to main content
Ribadeo

Chega o verán e con el o Mercado dos domingos de Ribadeo

Por 24 Xuño, 2021Sin comentarios

Dende este domingo 27 de xuño e ata o día 10 de outubro a contorna da Praza de Abastos de Ribadeo acollerá o Mercado dos domingos en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Nel poderase atopar produtos de alimentación da horta, pan, queixos, cervexas artesanais, marmeladas ou coitelos. Tamén produtos de proximidade, de tempada e saudables.

Contará con 14 produtores da zona e dun radio de non mais de 50 quilómetros de Ribadeo.