Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo acondiciona un almacén de alimentos de servizos sociais

Por 29 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Ribadeo realiza traballos para habilitar como almacén de alimentos un espazo anexo ao Centro de Día. O investimento ascende a 24.000 euros e as obras rematarán nos vindeiros días.

Trátase dunha edificación duns cincuenta metros de planta que se atopaba en moi mal estado, e estase acondicionando cunha nova cuberta, nova carpintería e arranxo de soleira e de paredes, para así ter dous ocos diferenciados, un que será destinado para almacenar alimentos frescos e outro para alimentos non perecedoiros.