Skip to main content
Ribadeo

Abre o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán de Ribadeo

Por 1 Xuño, 2021Sin comentarios

A Concellaría de Deportes de Ribadeo abre este mércores, 2 de xuño, o prazo de inscrición para as escolas deportivas de verán 2021. Ofértanse 90 prazas de catro disciplinas: pesca deportiva, piragüismo, surf e vela. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2006 e 2013. A cota é de 40 euros.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, dixo que “queremos dar as grazas aos clubs, tanto ao de pesca deportiva como de piragüismo, de surf e de vela, porque este é un ano extraordinario e hai que duplicar esforzos con todo o tema dos protocolos do covid”.

Díaz Freije sinalou que “os nenos e nenas que estean interesados poden pedir información, de nove da mañá a dúas da tarde, na Casa da Xuventude e no número de teléfono 982 129 889. O remate da matrícula sería ata o inicio da escola ou o fin de prazas. A cota será de 40 euros, cremos que é bastante asequible para a maioría da xente”.