Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo licitará as obras para a rúa da antiga vía do tren mineiro

Por 1 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Ribadeo licitará nos vindeiros días as obras para o amaño da rúa da antiga vía do tren mineiro e tamén a finais deste ano será arranxada a vía provincial que pasa por diante do campo de fútbol e vai ata a ponte do ferrocarril. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que están a facer os estudos e proxectos previos para valorar outras actuacións no barrio da Pega e do Río do Amalló.

O rexedor explicou que “lles facemos unha cordial resposta explicativa das actuacións que estivemos facendo, que estamos a facer no presente e que faremos no futuro máis inmediato posible. Démoslles conta de que nos próximos días imos iniciar a licitación do amaño da rúa da antiga vía do tren mineiro, que vai desde o encontro co viario da Deputación ata o lugar dos Malatos. Este proxecto foi preparado nestes últimos meses, tivo que ter as pertinentes autorizacións de Patrimonio e de ser dotado, sobre todo, da correspondente partida económica. Temos ademais o compromiso da Deputación Provincial de Lugo de executar a finais deste ano o necesario arranxo da vía provincial que vai por diante do campo de fútbol ata a ponte do ferrocarril. Esta actuación é crucial para a seguridade pública non só dos veciños deses barrios, senón tamén dos do resto do concello por ser un viario vertebrador de todo o municipio”.

Tamén están precisamente nestes momentos facendo os estudos e os proxectos previos para valorar o resto de actuacións pendentes nesa ampla zona para facelo canto antes. Ademais teñen que coordinar, coa empresa subministradora de enerxía eléctrica, as oportunas operacións de soterramento de cables para intentar facelo todo ao mesmo tempo. Deben ademais pensar que están falando dun  ámbito moi grande, non soamente o barrio da Pega, o da Faxarda, o do Río do Amalló, etc…, onde contán con diferentes cualificacións urbanísticas que diferencian entre elas a actuación directa ou indirecta do Concello de Ribadeo, porque hai bolsas de solo urbano consolidado e hai outras bolsas de solo urbanizable”.