Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo realiza tarefas de limpeza e mantemento na senda da costa

Por 3 Xuño, 2021Sin comentarios

A Concellaría de Medio Ambiente procede estes días a realizar tarefas de limpeza na senda da costa. O edil Jorge Díaz agarda que os traballos rematen en breve e lembra que antes era a Xunta de Galicia a que se ocupaba destas labores, aínda que con este son xa dous anos nos que non o fai.

O concelleiro de Medio Ambiente criticou “á Xunta porque levaba anos encargándose destas tarefas, debido a un convenio que tiña co Estado e unilateralmente desistiu xa o ano pasado de dito convenio. Como sempre é unha pelota neste caso para o Concello de Ribadeo, supoño que outros estarán na mesma dinámica. É un traballo máis que cae encima dos Concellos para manter e garantir o paso por esta senda”.

O edil ribadense asegurou que “nos esforzaremos coa brigada de medio ambiente e faremos o posible, como sempre, para que este paraíso estea transitable agora e ao longo do ano e para que todos os veciños e veciñas de Ribadeo e quen queira de onde veñan poidan darse un paseo por esta ruta tan especial, con estes paisaxes extraordinarios e vistas idílicas que ten hoxe o seu contorno”.