Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo reclama a apertura dos locais sociais das parroquias

Por 8 Xuño, 2021Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Ribadeo reclama ao goberno local do BNG a apertura dos locais sociais das parroquias recollendo unha reivindicación dos veciños do rural.

A coordinadora popular ribadense do rural, Montse Seijo, trasladouse a unha parroquia de Ribadeo onde os veciños lle trasladaron esta demanda. Seijo sinala que “pouco a pouco se van realizando actividades nos distintos locais sociais da vila” e, polo tanto, considera que “o goberno local do BNG debería dar permisos para abrir tamén os locais sociais do rural para facilitar que os distintos colectivos das parroquias vaian recuperando as súas actividades”.