Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

A casa da cultura de Riotorto acollerá O vixilante dos soños

Por 21 Xuño, 2021Sin comentarios

A casa da cultura de Riotorto acollerá mañá martes 22 de xuño a obra de teatro O vixilante dos soños. Este espectáculo será ás 19 horas no salón de actos.

O punto de partida da composición dramatúrxica do espectáculo é o conto O vixilante do soños publicado pola editorial Galaxia na colección Os duros.

Na historia sucédense os anos e Sonólicus, o protagonista, chega a deformar o seu corpo ao alongar os brazos a forza de estiralos cara á lúa. Na sociedade en xeral, moitos nenos e nenas deben enfrontarse á propia certeza de ser diferentes e loitar por esa diferenza.

Cando Sonólicus consigue o seu obxectivo acaba de transformar o seu corpo e acada un novo valor, transfórmase no vixilante dos soños e ten capacidade de axuda. Así, quen observe a escena confirmará que a autodeterminación persoal reflíctese positivamente no ben social.

A nai observa os cambios do fillo desde o desconcerto, o descoñecemento e a preocupación, pero desde o apoio. Sucede sen máis nesta historia, normalizando unha posición con respecto á diferenza. Esta normalidade implícita fai explícito para o público que así debe e pode ser en calquera caso da vida real.