Skip to main content
O Valadouro

O Valadouro prepara o Ludiverán

Por 22 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello do Valadouro prepara as actividades de Ludiverán 2021 que están orientadas a rapaces e rapazas nados entre o ano 2009 e o 2017.

Terán preferencia, sempre por rigurosa orde, os que se inscriban entre os días 21 a 25 de xuño, recoméndase que a inscripción se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica ou e-mail cultura@valadouro.gal) se non é posible farase en persoa nas oficinas da Casa da Cultura con cita previa no 982571516 ext.1 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres.

Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas. Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva.

A lista de reserva serve para cubrir as prazas que queden vacantes ó longo da programación. · O número de prazas estará limitado á ratio por monitor asinado ás actividades. Se un participante desexa deixar de acudir ó programa, o seu pai, nai ou representante deberá de pasar polas oficinas da casa da cultura, para comunicalo por escrito.

As actividades realizaranse entre os días 5 de xullo e 31 de agosto (laborables) entre as 10:00 e as 13:00 horas, todos os días se pasará lista de asistentes e se un inscrito falta asiduamente, (sen xustificar) alo menos o 20% do período solicitado, automáticamente pasará á lista de reserva. Na solicitude deberá de figurar se o inscrito sofre algún tipo de alerxia ou enfermidade que impida poder realizar as actividades plantexadas. En caso de non ter programadas as vacacións antes de formalizar a inscrición formalmente, agradécese que o pai, nai ou responsable o comunique por escrito con suficiente tempo para evitar problemas organizativos.

O lugar de realización das actividades, agás previo aviso, serán as instalacións do pavillón polideportivo municipal do Valadouro e o patio de xogos (agás o parque infantil) do CEIP Santa María. En momentos puntuais programaranse pequenas excursións para coñecer o medio na que ningún inscrito acudirá só.

Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte. Recoméndase que os participantes veñan con roupa cómoda para o desenvolvemento de actividades deportivas e xogos.

Durante a realización das actividades, manterase a distancia de seguridade entre participantes e no caso dos maiores de 6 anos será de uso obrigado de máscaras e todos os participantes terán a libre disposición de xel sanitizante.