Skip to main content
O Valadouro

Comezaron as obras do futuro Centro de Día do Valadouro

Por 28 Xuño, 2021Xuño 30th, 2021Sin comentarios

Comezaron as obras do futuro Centro de Día do Valadouro gracias a un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo. O futuro centro contará con 172 metros cadrados repartidos nunha sala de rehabilitación, comedor, sala polivalente, oficina, almacén, sala de curas e dous aseos adaptados a persoas con mobilidade reducida.

As instalacións sitúanse nun baixo de propiedade municipal na avenida Deputación, e nos pasados días xa se realizaron os traballos que o dotan de calefacción e auga quente proveniente da nova caldeira de biomasa.

O convenio coa Deputación contempla o acondicionamento e equipamento do inmoble municipal por importe de preto de 57.000 euros.